FEBREIRO NA SALA 6

Ola familias!

Xa temos preparadas as fotos do mes de Febreiro no que celebramos un Entroido un pouco raro, xa que votamos en falta a presenza das familias na pequena festa que celebramos. Preparamos moitas sorpresas como unha instalación para o día da festa, elaboramos as nosas propias gominolas con xelatina e froitas, fixemos uns antifaces para decorar a aula. Tamén querémosvos amosar alguns momentos da xornada como o lavado de mans, o traslado das bolsas coa roupa para lavar dos venres… Non esquecemos outras moitas actividades como circuitos de psicomotricidade, manipulación e moitas máis.

Esperemos que vos gusten moito. Un saúdo e ata o mes que ven.