Os amiguiños da sala 2 xa temos todos un ano. Qué maiores somos! Pasa o tempo… Mirade cómo o celebramos, como máis nos gusta, papando!
E perdoade pola tardanza. Biquiños!
Os amiguiños da sala 2 xa temos todos un ano. Qué maiores somos! Pasa o tempo… Mirade cómo o celebramos, como máis nos gusta, papando!
E perdoade pola tardanza. Biquiños!
Bos días, familias!
Non queríamos recibir a primavera sin despedir o inverno como se merece, e para iso aquí vos deixamos unhas pinceladas do que fixemos no mes de febreiro.
Preparámonos para o Entroido decorando a nosa aula cun xigante e colorido antifaz!
E cando rematou o entroido vimos a parede tan branca que decidimos decorala ó noso xeito para deixar a nosa pegada.
Decoramos a aula e tamén a nós mesmos! Con pintura facial, cos complementos da instalación de entroido, cos disfraces que trouxemos da casa para a festa…
Pero á Festa de Entroido non so levamos os nosos disfraces. Tamén levamos uns sabrosos batidos de chocolate e natillas con galletas que preparamos o día anterior.
E como non hai entroido sen roscas, orellas e filloas, collemos fariña para a peneirar e despois puxémonos a amasar!
E xa que o tema ía de fariña, tamén a usamos para facer unha instalación de xogo que comezou sendo moi interesante e acabou sendo moi divertida.
Experimentamos con fariña e tamén con pan raiado e acabamos facendo croquetas para os paxariños do xardín.
E seguimos con máis sorpresas…
como o novo recanto de médicas e enfermeiros e mil historias máis!
Ola familias!
Xa temos preparadas as fotos do mes de Febreiro no que celebramos un Entroido un pouco raro, xa que votamos en falta a presenza das familias na pequena festa que celebramos. Preparamos moitas sorpresas como unha instalación para o día da festa, elaboramos as nosas propias gominolas con xelatina e froitas, fixemos uns antifaces para decorar a aula. Tamén querémosvos amosar alguns momentos da xornada como o lavado de mans, o traslado das bolsas coa roupa para lavar dos venres… Non esquecemos outras moitas actividades como circuitos de psicomotricidade, manipulación e moitas máis.
Esperemos que vos gusten moito. Un saúdo e ata o mes que ven.
Ola familias, sería imposible mostrarvos todo o que facemos no día a día, pero déixovos unha pequena mostra dos nosos momentos especiais…
Como vedes, andamos movendo os espazos da aula e os aproveitamos a tope!
Todos os días saímos aos xardíns, estar libres é o que máis nos gusta.
Espero que disfrudetes destes Anacos da vida das vosas crianzas.