Xaneiro na aula 5

Bos días, familias!

Por aquí estamos novamente para mostrarvos como comezamos o ano.

Con Xaneiro metémonos de cheo no inverno, e como somos a aula do piñeiro, aproveitamos para pintar unhas xeadas piñas con témpera branca, coas que decoramos a nosa aula. E logo démoslle un toque colorido, pintando manoplas multicores!

Eos días escuros de inverno, iluminámolos con xogos de luces!

Continuamos coas nosas probas e ensaios nas mesas de experimentación… Con pan raiado e xelatina.


Seguimos disfrutando cos xogos no xardín…

E tamén coas nosas instalacións!

Sorpresa tras sorpresa… 

Un día instalación e outro día casiña de cartón!

E as fotos das nosas familias, que molan mogollón!

Moito ánimo coa semaniña e a seguir pintando temporais de cores!