Moi boas familias!
Por fin están rematadas as montaxes pendentes. Algunhas son de Xaneiro, e outras xa forman parte deste mes de Febreiro. Son tantos momentos, que costa facer unha selección. Todos e cada un deles, son entrañables, divertidos, asombrosos e de gran significatividade e aprendizaxe…para eles como nenos/nenas en evolución e para nós como mestras tamén en evolución, jejeje.
O que máis nos gusta é fozar na terra, contacto directo coa nai Terra.
Este ano tivemos a sorte de vivir contrastes tan heavys como o sol e a saraiba case no mesmo día. Este tempo está toliño!!!
As mesas de experimentación tamén dan o seu xogo, granadas de tempada e cabazas. Curiosa a impresión que fai cada un do momento, e o nivel de interese. Cada un é un mundo, iso si é verdade absoluta.
Despois de exprimir a tope a enerxía pura que rezuman diariamente, chega o descanso, cada un descansa ao seu xeito. Anxeliñosssssss!
Unha semana durou o momento laranxas e limóns, en todos os seus estados e formas posibles.
Barquiños de papel, pelotas (tamaños, formas, cores…) e pan raiado.
Carreiras de coches improvisados con caixas de plástico…a toda velocidade.
Como nos cunden os días e os espazos.
As carreiras tamén no xardín, cando precisamos mover, precisamos mover, e correr como toliños, cantando a nosa canción de rigor.
Este conto improvisado, gústanos moito para facer exercicio.
Tamén fixemos novos amigos, como este gatiño que se acoplou aos veciños.
A Camelia tamén nos serviu para aprender algunha canción de ioga, a flor máxica do relax, temos que practicala un pouquiño máis.
E que dicir de Miñoca, un descubrimento total, con lupas e sen elas, observamos como se move, onde vive e que temos que coidar a todos os animaliños, ata os máis pequenos.
E por fin, clebramos os primeiros aniversarios, máis vale tarde que nunca. Que emoción e que rica a tarta que nos preparou Ana, apta para intolerancias.
E aínda que non o celebramos en condicións este ano, o Entroido chegou igualmente as aulas e a escola, cheo de cores e personaxes singulares.
Outra sorpresa nestes días foi unha bolsa chea de ferramentas, para acondicionar o noso xardín.
E polo de agora isto é todo, que non é pouco. Ata pronto. Boa fin de semana.