DECEMBRO NA AULA 5

Boas tardes de venres, familias!

Como o bo sempre se fai esperar, aquí vos deixamos un resume do moito que argallamos en decembro.

Continuamos traballando o outono, experimentando con elementos típicos como cabazas e granadas, e seguimos experimentando con limóns.

Como somos a aula do piñeiro, pintamos un piñeiro abstracto que logo se convertiu nun máis realista para acabar sendo a nosa árbore de Nadal.
E logo tivemos que pintar unhas bolas para decoralo!

Pero antes ensaiamos pintando unhas bolas de nadal con ceras brandas…

Continuamos coas instalacións de xogo. A última do outono e tamén de Nadal!

Seguimos disfrutando ó aire libre nos nosos verdes xardíns…

E sopramos as últimas velas cos máis peques da aula: Martín, Valentina e Kiara.

Agora xa tod@s temos dous anos!
Ata a próxima, familias!