Ola familias!
Un pracer saudaros de novo. Perdoade polo retraso pero por fin podedes ver as fotos do mes de Decembro no que seguimos a traballar moito, moito, moito. Preparamos a nosa árbore de Nadal. A pintamos con pintura de dedos, preparamos os adornos con papel rasgado e fixemos as nosas propias boliñas para decorala. Seguimos priorizando moito saír ao exterior e aproveitamos para facer algunhas actividades de manipulación con fariña, ou de psicomotricidade co paracaídas e outros elementos naturais. Nunca esquecemos as nosas instalacións, onde o pasamos moi ben e nos sorprenden moito como a que fixemos con papel hixiénico.
Esperamos que vos gusten moito. Un saúdo e ata o mes que ven.