A SALA 6 EN DECEMBRO

Ola familias!

Un pracer saudaros de novo. Perdoade polo retraso pero por fin podedes ver as fotos do mes de Decembro no que seguimos a traballar moito, moito, moito. Preparamos a nosa árbore de Nadal. A pintamos con pintura de dedos, preparamos os adornos con papel rasgado e fixemos as nosas propias boliñas para decorala. Seguimos priorizando moito saír ao exterior e aproveitamos para facer algunhas actividades de manipulación con fariña, ou de psicomotricidade co paracaídas e outros elementos naturais. Nunca esquecemos as nosas instalacións, onde o pasamos moi ben e nos sorprenden moito como a que fixemos con papel hixiénico.

Esperamos que vos gusten moito. Un saúdo e ata o mes que ven.

Despedimos o 1° trimestre…aula 7

De novo por aquí, quería mostrarvos unhas fotos do cotiá, o que máis nos gusta, xogar,experimentar e descubrir os novos espazos da escola, sobretodo dos exteriores que éste curso teñen moito protagonismo,os propios traxes de auga falan por sí mesmos!

Aproveito para saudarvos, xa que este curso non falamos moito, aquí sigo para o que precisedes. 

non sabedes todo o que atopamos nestes fermosos xardíns…están cheos de sorpresas moi divertidas!

Novembro no Nivel I

 

Ola familias, nestas fotos podedes ver as cousiñas novas que fixemos durante o mes pasado e como medramos, gatexamos, algún xa camiñamos…

Estamos máis tranquilos á hora da comida e incorporamos o petisco de media mañá,un cachiño de pan.

 

Esperamos que estedes pasando unhas boas festas ,vémonos pronto!