Bos días familias!
Xa podedes ver as fotos correspondentes o mes de Novembro, nas que vos queremos mostrar todo o que estamos a traballar na escola. Comezamos a falar do Outono e manipulamos e fixemos actividades con todo o relacionado con esta estación do ano. Recollemos castañas para realizar o noso Magosto, xogamos e decoramos a clase con follas recollidas do entorno, manipulamos e experimentamos con froitos desta época do ano como as granadas, cabazas, millo… Tamén tivemos tempo para seguir facendo as nosas instalación, psicomotricidade e música, cantando moitas cancións acompañadas coa batería que nos trouxo Erik.
Esperemos que disfrutedes das fotos. Un saúdo e ata o mes que ven!