OUTUBRO NA SALA 6

Ola familias!

 Xa temos preparadas as fotos do mes de Outubro. Como podedes ver empezamos a traballar e divertirnos moitísimo con todas as actividades que se ofrecen na Escola. Coñecemos o noso recanto de experimentación e manipulación ó que lle sacamos moito partido xogando con pasta, garbanzos… Tamén dímoslle uso o recanto de plástica no que manipulamos e moldeamos con plastilina, insertamos pinchos en taboleiros con buratiños etc. Non nos esquecemos de actividades máis dinámicas como os nosos circuitos de psicomotricidade e instalación que cada vez comezan a sorprendernos máis.

Tivemos un Samaín u pouco estrano debido as circustancias que atravesamos na Escola, pero aínda así viñeron algúns amigos disfrazados e pasámolo moi ben entre susto e susto.

Esperemos que disfrutedes das fotos que son una pequeña mostra de todo o que está a acontecer na escola.

Un saúdo e ata o mes que ven.