OUTUBRO NA SALA 5

Benvidos a aula 5 papis e mamis. Neste mes de outubro fixemos un montón de cousas divertidas e coas que aprendimos moito.

Traballamos facendo actividades propias do magosto, coma un caracol con cuncha de castaña e manipulamos obxetos propios da natureza e do outono: cabaza, mazorcas,granadas, castañas e follas secas.

Unha das actividades máis chulas foi a creación de duas follas xigantes que decoramos no seu interior con diversas follas do patio  que collimos previamente e metimos nos cestos de mimbre.

Tamén dous nenos da clase estiveron de cumpreanos e celebrámolo por todo o alto facendo unha tarta cós  cumpleañeros e o día seguinte  comendoa con tod@s os compis.

Foi moi divertido, gustoulles moito a tarta, hasta repetiron, jjjjaa…