Adaptación nivel 2 superada

Boas a todos e todas! Despois deste inicio de curso tan atípico e longo, por fin podemos amosarvos as fotos correspondentes ao período de adaptación do nivel dous. Tanto a aula 3 como a 4, a parte de afacernos coma sempre aos espazos da escola, saímos a fóra todo o que puidemos para aproveitar o bo tempo, e despistar ao bichiño virulento.