BENVID@S AULA 6

Bos días familias!

Inauguramos o blogue coas primeiras fotos do mes de Setembro dos amigos/as da sala 6.

Como podedes ver comezamos a coñecer os diferentes espazos da Escola e os nosos titores/as. Pasámolo moi ben, aínda que houbo algún momentos de angustia que pasou rápidamente,  e agora estamos moito máis contentos/as e adaptados/as. 

Comezamos a introducir algunhas rutinas e pouco a pouco xa as vamos interiorizando

Un saúdo e ata o mes que ven.

Benvid@s á aula 5

Bos días, familias.

Por fin vos deixamos unas fotiños para que vexades como foi a volta á escola. Son fotiños da última quincena, porque as primeiras semanas foron tan duras que nin tempo para sacar fotos. Normal… Despois de tanto tempo na casiña coa familia… E por riba nin a cara das titoras podíamos ver con eses tapabocas.

Pois como vos diciamos, as primeiras semanas estivemos coñecendo ás titoras e @s compis, e despois xa nos centramos en coñecer todos os xoguetes, espazos e recunchos da escola.

Comezamos dentro da aula: Os animais, os coches, os bebés, os contos, as pezas de insertar, o xogo de almorzar…

No patio interior tamén descubrimos outros recunchos interesantes, como o da cociña e o da cama de descanso… E as motos tampouco podían faltar.

Despois comezamos a saír ó xardín pequeno os días de sol, e cando xuntamos o kit invernal, tamén saimos aqueles días menos soleados.

E por último botámonos a descubrir o xardín de atrás, co seu patio cuberto cheo de coches e de motos, e o xogo do tobogán!

Pero entre tanto traballo aínda tivemos tempo de parar para refrescarnos un pouco e reponer enerxías co almorzo de media mañá.

Aínda así, ás veces non conseguíamos aguantar para xantar.

E por fin a descansaaarrrr!!!!

Descansade vós tamén, que boa falta fai!

Biquiños!

Benvid@s aula7!

Ola de novo familias, nesta nova normalidade seguiremos a utilizar o blogue para mostrarvos un pouco do noso día a día…despois dunha moi boa adaptación, imos descubrindo os novos espazos da escola, pasando moito tempo no exterior e descubrindo aventuras xunt@s.

  • Accordion 1

    Accordion content 1

    Accordion 2

    Accordion content 2

    Accordion 3

    Accordion content 3

    Accordion 1

    Accordion content 1

    Accordion 2

    Accordion content 2

    Accordion 3

    Accordion content 3

    Accordion 1

    Accordion content 1

    Accordion 2

    Accordion content 2

    Accordion 3

    Accordion content 3

    Accordion 1

    Accordion content 1

    Accordion 2

    Accordion content 2

    Accordion 3

    Accordion content 3