Sala dos Berberechos

 

Antes de nada perdonade pero tivemos problemas coas fotos e non as puidemos subir antes.

Que ben o pasamos este mes de decembro facendo galletas de Nadal, decorando con adornos e luces, e preparándonos para a chegada de Papa Noel e os Reis Magos.

Entre outras instalacións destacamos a de papel triturado, semellando a neve do inverno.

Compartimos moitos momentos de xogo, mostrándonos cada vez máis autónomos á hora de resolver problemas.

 

2 ANOS!

Parabéns, compañeir@s! Canto nos alegramos de poder festexar xuntos este día tan importante nas vosas vidas.

No mes de xaneiro tocoulles a Emmanuel, Carmen, Yago, Victoria, Mateo e Elsa.

A soplar!

Fabi e Nuria.

 

Cómo pasa o tempo!

Pasa tan rápido que non tempos tempo a nin a mostrarvos as fotos… pero máis vale tarde que nunca!

Esta é unha pequena mostra dos nosos meses de decembro e xaneiro, con días cargados de papel de periódico, caixas, plastilina, pinturas, psicomotricidade, roupa de inverno e ata clarinete da profe Sara.

Disfrutade das fotos tanto como nós dos momentos!

Nuria e Fabi.

 

XANEIRO NAS SALAS 1 E 2

Bos días familias.

 

Xa temos as fotos do mes de Xaneiro, no que seguimos a traballar moito, moito, experimentando e descubrindo todos os espazos que nos rodean e forman parte da nosa escola. Este mes estreamos o patio dos maiores, unha superficie xigantesca para nós, que nos deu moito xogo para perseguir pelotas, xogar con aros… Tamén vos amosamos diferentes momentos da xornada como o xantar, momento que esperamos con moita impaciencia e que é un dos nosos momentos favoritos. Entre os espazos máis alonxados movémonos en coche-berce que nos gusta moito e para os demáis sitios máis cercanos xa nos desprazamos gatexando, aínda que algúns somos máis preguiceiros que outros.

Un saúdo e ata o mes que ven.

 

Aula dos Pandereteiros

Boas a tod@s:

Queremos disculparnos pola tardanza o subir as fotos o blogue.

Seleccionamos algunhas fotos das actividades das que mais disfrutaron os vosos rapaces ( motricidade fina e grosa, experimentación..)

Esperamos que vos gusten.

Bicossss para tod@s.