Boas a todos/as:
Despois de tantas festas e festivos…aínda nos quedaban algunhas fotos do mes de decembro sen engadir. Xa procuraremos sen máis puntuais para a próxima.
bicos
Ola familias!
Aquí vos deixamos unhas cantas fotos da nosa celebración!
Escoitamos a narración do conto “Por cuatro esquinitas de nada” acompañada dunha proxección, e despois subimos ó comedor a desfrutar dunha chocolatada todos xuntos. E, para rematar, as profes cantaron a panxoliña “Buscando unha estrela”.
Pasámolo xenial! Ata a próxima!
Bos días familias.
Xa temos as fotos do mes de Decembro, no que celebramos o Nadal todos xuntiños cantando panxoliñas, facendo teatrillo de sombras e monicreques e moitas máis actividades relacionadas con estas datas. Tamén disfrutamos coas luces de Nadal e moitas outras cousiñas. Cada vez somos máis maiores e aguantamos moito máis tempo despertos e concentrados para as diferentes actividades que se plantexan.
Un saúdo e ata o mes que ven.
Boas:
Xa chegamos o final do ano, que rapidiño pasou.
Coas nosas actividades pretendemos fomentar a sua autonomía, habilidade, destreza, poñer a proba os seus sentidos etc..e aquí tedes un exemplo das diferentes instalacións con elementos naturais, alimentos, módulos de motricidade…que fixemos neste mes de novembro.
Esperamos que vos gusten.