ACTUACIÓN MUSICAL NA CANTEIRA

¡Bos días familias!

O pasado día 28 de Novembro tivemos a sorte de contemplar a actuación musical do papi de Mencía e os seus amigos/as que, coa súa música tradicional, fixeron as delicias de todos os nenos e nenas da Canteira. Queremos agradecer a súa desinteresada colaboración e propoñer que si algunha familia máis quere ofrecernos algunha outra actuación relacionada coa temática da música (Baile, canto, contos musicados…), non teñen máis que poñerse en contacto cos seus titores. 

Un saúdo e ata pronto:

NOVEMBRO NA SALA 1 E 2

 

Bos días familias.

Aquí tendes as fotos do mes de Novembro, onde comezamos a traballar e a disfrutar coa temática deste ano relacionada coa música. Manipulamos e tocamos diferentes instrumentos musicais e cantamos moitísimas cancións, que pouco a pouco iremos interiorizando e participando de elas. Como prato forte deste mes tivemos a actuación estelar do papi de Mencía  e os seus acompañantes, que nos tocaron coa gaita, tamboril e pandeireta unhas pezas que fixeron a delicia de toda a escola. Os bebés portámonos moi ben e estivemos moi atentos en todo momento.

Un saúdo e ata o mes que ven.

Novembro na aula 3

Ola un mes máis, familias! 

Novembro foi unha época de moito traballo na aula 3, na que experimentamos, xogamos e, sobre todo, desfrutamos.

Cada día nótase máis o maiores que somos: nas propostas de actividade que plantexamos, nos momentos de hábitos e rutinas, e tamén no xogo, onde xa empezamos a colaborar e cooperar entre compañeiros, pasiño a pasiño.

Ata o mes que vén!

Outubro e novembro na aula 4

Familias, aquí estamos!

Nos meses de outubro e novembro non paramos de experimentar, xogar, sentir…

Aquí tendes unha pequena recollida de dous meses moi intensos: dende rutinas conseguidas de sono e comedor ata instalacións moi diversas, pasando por aulas de manipulación e psicomotricidade. Tamén sabemos desfrutar do día a día, os sabores do outono, ou granizadas improvisadas.

Desfrutade desta mostra dos vosos peques!