Outubro na aula dos Berberechos

Chegou outubro e as árbores regaláronnos follas secas coas que pasalo xenial.  Coas que recollimos no xardín e todas as follas, castañas, ramas, landras, cabazas, espigas de millo… que trouxeron as familias traballamos e nos divertimos un montón: manipulamos, xogamos, agrupamos, bagullamos millo, sacamos e secamos sementes de cabaza, machucamos

 as follas con morteiros para sacarlles as cores…

Traballamos na horta en pequenos grupos con Charo: arrincamos herbas, plantamos, regamos, remexemos a terra, recollemos follas no composteiro…

Tamén traballamos con ceras, pegamos gomets e papel celofán para decorar diferentes partes da escola.