Ola familias!
Durante o mes de outubro, e como xa estamos perfectamente adaptados/as, os nenos e nenas da aula 3 comezamos a traballar de forma máis activa e independente, explorando novos espazos e materiais e desfrutando cada paso deste proceso. Tamén empezamos a falar da estación na que estamos, o outono, e a explorar materiais, escoitar cancións, contar contos… relacionadas con ela. Como podedes ver nas fotos, pasámolo xenial!
Un saúdo e ata a próxima!