Qué ben o pasamos este ano no Samaín. Estes nenos dan moooito medo!!! Tivemos unha actuación musical a cargo dalgúns metres, Ana, Fabi, Luis e Riki. Bailamos un montón e logo a repoñer forzas comendo algo de froita. Mirade, mirade,…
Arquivos mensuais: Novembro 2019
Outubro na aula dos Berberechos
Chegou outubro e as árbores regaláronnos follas secas coas que pasalo xenial. Coas que recollimos no xardín e todas as follas, castañas, ramas, landras, cabazas, espigas de millo… que trouxeron as familias traballamos e nos divertimos un montón: manipulamos, xogamos, agrupamos, bagullamos millo, sacamos e secamos sementes de cabaza, machucamos
as follas con morteiros para sacarlles as cores…
Traballamos na horta en pequenos grupos con Charo: arrincamos herbas, plantamos, regamos, remexemos a terra, recollemos follas no composteiro…
Tamén traballamos con ceras, pegamos gomets e papel celofán para decorar diferentes partes da escola.
Os amigos da sala 5 cumprimos 2 anos
Ola a tod@s!
Pouco a pouco imos facéndonos maiores e cumplindo 2 aniños. Estes amigos xa o celebraron con nós, facendo un biscoito que logo adornamos e compartimos co resto da clase. Pasámolo xenial.
PARABÉNS Xan, Bianca, Carlos, Emma, Juan Pedro, Candela, Cristian e Tomé.
Que cumplades moitos máis!!!
Outubro na aula 6
BOAS A TODOS/AS:
XA TEMOS AS FOTOS DO MES DE OUTUBRO PARA QUE LLE VOTEDES UN VISTAZO. FIXEMOS VARIAS ACTIVIDADES PINTAMOS CON CERAS NO CHAN, APRENDIMOS A PELAR MANDARINAS E DESPOIS AS DEGUSTAMOS, XOGAMOS CON PAN RAIADO. DE SAMAÍN FIXEMOS OS PANTASMAS E SUBIMOS A VER AS CABAZAS QUE FIXÉSTEDES QUE QUEDARON CHULÍSIMAS.
MÁIS ADIANTE XA VOS ENSINAREMOS AS FOTOS DA FESTA DE SAMAÍN
ATA PRONTO.
Outubro na aula 3
Ola familias!
Durante o mes de outubro, e como xa estamos perfectamente adaptados/as, os nenos e nenas da aula 3 comezamos a traballar de forma máis activa e independente, explorando novos espazos e materiais e desfrutando cada paso deste proceso. Tamén empezamos a falar da estación na que estamos, o outono, e a explorar materiais, escoitar cancións, contar contos… relacionadas con ela. Como podedes ver nas fotos, pasámolo xenial!
Un saúdo e ata a próxima!
OUTUBRO NA SALA 1 E 2
OLA FAMILIAS!
Aquí podedes ver un pequeno resumo de como pasamos este mes de Outubro. Este mes fóronse incorporando novos amiguiños/as e comezamos coa súa adaptación nun clima de calma e tranquilidade. Démoslle a benvida a Nadia, Mathias na Aula 2 e a Olivia e Gabriel da Aula 1, cos que compartimos moitos momentos xuntos, mentres se adaptan os seus novos mestres, espazos e compis. Comezamos a explorar novos espazos como o estanque, que nos gusta e relaxa moito. Manipulamos algún instrumento de percusión, os máis maiores, e nos encanta facer ruído con eles. Cada vez exploramos máis recunchos da aula e descubrimos moitas cousiñas agochadas, o mesmo tempo que desenrolamos moitísimo as nosas habilidades motrices.
Un saúdo e ata o mes que ven!.
Outubro na sala la Muiñeira
Ola de novo!!!
Aquí seguimos facendo un montón de cousiñas interesantes. Mirade, mirade:
Fixemos un montón de exercicio, tanto no xardín como no patio. Xogamos cos aros, as pelotas…
Manipulamos pan raiado, cabazas, mandarinas. E probámolo todo!
Tampouco nos aburrimos na aula, barrendo follas, con caixas e pelotas,…
E ademáis de todo isto probamos a facer algúns puzles e preparamos o Samaín facendo unhas pantasmas que daban moooito medo!!!
Ata a próxima!