Ola familias!
Os nenos e nenas da aula 3 estivemos tan atarefados durante o mes de setembro que casi nin tivemos tempo a sacar fotos. Desfrutamos moito explorando os espazos, experimentando con distintos obxectos e empezamos a acostumarnos ós momentos de rutinas. Agora xa estamos todos e todas adaptados, da gusto con nós.
Deixámosvos unhas poucas fotos para que vexades algunhas das cousas que fixemos durante este mes.
Ata a próxima!