DÍA DE PORTAS ABERTAS NA CANTEIRA

Bos días. Xa comezamos o curso 2019/2020 con moita enerxia e querémosvos mostrar as primeiras fotos correspondentes ó día de portas abertas, onde os vosos nenos/as fixeron o seu primeiro achegamento a nosa escola e coñeceron os seus mestres/as. Realizamos diferentes obradoiros repartidos por todos os espazos. Aquí tendes unha pequena mostra de todo o que aconteceu. Esperamos que disfrutedes as fotos e permañezades atentos/as o blogue, xa que mensualmente publicaremos fotos das actividades que se realicen durante o curso e mostraremos moita información de todo o que acontece na escola.

Ata pronto!