Abril na aula dos Monos

Este mes de maio estivemos moi atarefados coa chegada do bo tempo e a primavera. Plantamos unhas sementes en botellas e as colgamos na entrada. Estivemos moi pendentes delas: regalas cada pouco, quitar as follas que secan…

 

Recollimos flores do xardín para secalas entre papeis de periódico e tamén facer unha instalación con flores amarelas e outros obxectos. Noutras da instalacións que fixemos utilizamos caixas e papel de periódico, e menaxe de cociña como exprimidores, embudos e pinzas do xeo.

 

Tamén experimentamos con ingredientes e mesturas facendo unha receita de boliñas de coco, e por suposto as degustamos.

 

Aproveitamos moito os días de calor no xardín e algún día de choiva aproveitamos a mesa de luz.

32 1 2 3 6 7 9 10 11 12 13 14 15 18 19 20 22 23 24 25 26 28 29 30 31