O ABRIL DAS CEBRAS

OLA, OLA!

AS CEBRAS NON PARAMOS DE FACER COUSIÑAS NO MES DE ABRIL!!

Comezamos o noso panel da primavera. Pintamos un fondo con pinceis, fixemos nubes de algodón, o sol, as flores,…Podedes velo na entrada da aula. Estanos quedando xenial.

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13

Tamén seguimos experimentando novas texturas e sabores dalgúns alimentos: xelatina, aguacates, e fixemo  pan! A que estaba bo?

14 15 16 17 18 19 21 22 23

Como non, plantamos. Na aula unhas dalias moi bonitas e fóra, na entrada da escola sementamos aromáticas: albahaca, menta e romeiro. Veredes que ben ulen cando medren. Tamén  saímos ó xardín coller flores.

24 25 26 27 28 29 30

E comezamos a celebrar os cumples deste ano. Neste mes fixeron 2 aniños Martiño e Alicia. Celebrámolo cun biscoito que eles mesmos prepararon e bailando no patio. Por todo o alto! Parabéns amigos!!!

31

32 33 34 35 36 37 38 39

Un saúdo! Vémonos moi pronto coas fotos de Maio!!!