Ola a todos/as familias:
- En Abril tivemos tres instalacións. A primeira foi de espaguetis e botes de diferentes tamaños, gustounos moito e algúns tamén probamos os espaguetis. Outra foi de papeis de xornais e a última de pintura e papeis de aluminio, sacamos a roupa e pintamos un montón, sobre todo o noso corpo!!!
- Como xa fai mellor tempo hai moito traballo na horta este mes e a nós encantanos ir os luns a aprender moitas cousas con Charo.
- Ademáis tamén plantamos unhas sementes na entrada da escola para que dentro de pouco saian moitas flores.
- Traballamos moi duro para facer cousas de primaveira. Pintamos unhas blondas de cores para despois darlle forma de flores e decorar a aula. Tamén fixemos paxariños e puxémoslles as ás de cores e pintamos con pinceis unhas macetas nas que despois plantamos flores.
- Fixemos traballos de experimentación con pasta e utensilios de cociña e outro día coas fresas (as tocamos, as cheiramos e despois as comemos)
Neste mes celebramos os aniversarios de Romina, Leo e Fátima que cumpriron 3 anos. No seu día lles cantamos e lles puxemos unha coroa e outro dia todos xuntos celebramolo facendo unha torta de chocolate e comendoa todiña!!
Ata o próximo mes familias!!!Unha aperta!!