OLA DE NOVO!
AQUÍ SEGUIMOS TRABALLANDO MOITO E SOBRE TODO PASÁNDOO MOI MOI BEN!!!
O mes de marzo deu para moito. Imos medrando e cada vez somos capaces de facer máis cousiñas.Comezamos o mes preparándonos para o Entroido. Fixemos unhas maracas con botellas e lentellas que logo decoramos con gomets de moitas cores.
Puxemos a proba as nosas destrezas de motricidade fina collendo lentellas con culleres e macarróns con pinzas do xeo e machacándoos nun morteiro.
Como nos gusta tanto a pasta tamén xogamos a introducir espaguetis polos buratiños de expremedores de zume. E non se nos da nada mal.
Encántannos as actividades nas que hai alimentos. Este mes fixemos dúas: sacámoslle o zume a unhas laranxas e logo bebémolo e tamén vimos como era unha piña enteira, tocámola e logo, como non papámola!. Qué boa estaba, non deixamos nadiña.
E como un mes da para moito tamén fixemos outras actividades, como pintar con ceras sobre papel de lixa. Ó principio non nos gustou moito o tacto, pero logo tiramos de creatividade e fixemos uns cadros preciosos.
Esperamos que disfrutedes vendo estas actividades tanto coma nós facéndoas. Ata a próxima!