– Neste mes levamos a cabo diferentes instalacións. Unha de chocolate en diferentes texturas. Puxémonos perdidos pero comemos moito e encantounos. Outra de cereais na que o que máis fixemos foi comelos. As dos cds e o papel hixiénico nas que disfrutamos moito manipulando e a do paracaídas na que chafurdamos polo chan todo o que quixemos.
– O dia 14 celebramos San Valentín facendo un corazón recheo de boliñas de papel seda que cada neno/a levou para a súa casa.
– Neste mes realizamos varias manipulacións de alimentos. Neste caso verduras (cenoiras, brócoli e coliflor). Algúns probamos a cenoira e gustounos moito.
– Daniel, Alén e Rodrigo cumpliron en febreiro 3 anos. No seu día cantamoslles e puxémoslles unha coroa que levaron para casa. A finais de mes celebramolos todos xuntos facendo unha torta de nocilla e lacasitos que rematamos entre todos do boísima que estaba.
– Rematamos o mes celebrando o entroido. O xoves había que vir de choquieros ou horteras e o luns con disfraz libre. O venres pola tarde celebramos a festa. Viñemos disfrazados de chivos, representamos o conto de Nandi, cantamos as nosas cancións de aula e despois comemos moitas lambiscadas. Todos o pasamos moi ben. Grazas a todos/as!!!