Benqueridas familias:
Case sen darnos conta xa está aquí o Nadal, e dende a escola queremos convidarvos a participar nas cousiñas que temos preparadas para este mes.
A semana do 17 ó 21 de decembro haberá obradoiros nas distintas aulas e poremos fin á semana coa festa de Nadal, que se celebrará o vindeiro venres 21 de decembro, en horario de 10:00 a 12:00 da mañá.
OBRADOIROS (pola mañá)
NIVEL I: Instalación o día 19
NIVEL II: Aula 3: Obradoiro de cociña o día 20
Aula 4: Instalación o día 17
NIVEL III: Aula 5: Obradoiro de decoración o día 19
Obradoiro de cociña o día 20
Aula 6: Obradoiro de tarxetas de Nadal o día 18
Obradoiro de cociña o día 19
Aula 7: Obradoiro de cociña o día 18
Obradoiro de decoración o día 20
Festa de Nadal o día 21, esperámosvos nas aulas ás 10:00, logo subiremos o patio para unha sorpresa e un pequeno almorzo de Nadal ( a comida poñerase dende a escola)
Tamén precisamos da vosa colaboración para deixar a escola moi bonita: podedes traer algún adorno feito á man; coa colaboración dos peques e un pouco de imaxinación seguro que quedan preciosos.
Moitas grazas pola vosa colaboración
Un saúdo, o equipo da Escola Infantil A Canteira