¡Bos días familias¡
Xa temos listas as fotos do mes de Novembro que, como podedes ver, seguimos a traballar un montón.
Comezamos a traballar coas instalacións que son sempre toda unha sorpresa. Xogamos con elementos do Outono como follas, piñas … e tamén comezamos a producir as nosas primeiras obras artísticas: pintamos pedras con pintura de moitas cores, fixemos as nosas primeiras estampacións etc.
Entre outras moitas cousas, mostrámosvos pequenos momentos da xornada como a horta con Charo, manipulación de plastilina, etc.
Que as disfrutedes e ata pronto