Ola familias:
Tivemos uns pequeniños problemas coa cámara de fotos, por iso tardamos tanto en subir as fotos do mes de Novembro. Aínda así tedes unha pequena mostra do que fixemos.
Dscubrimos contos máis complexos, xa que nos estamos facendo maiores; experimentamos co pan rallado facendo trasvases e tamén decubrimos novos ritmos musicais.
Fixemos unha sesión de relaxación na aula dos bebés, na que se proxectaban n teitoimaxes de outono con música, foi todo un éxito!
Ata o mes que vén!
Biquiños