Bos días de Nadal a tod@s!
Como xa sabedes, o pasado venres tivemos unha gran FESTA DE NADAL na nosa escola.
Primeiro invitamos ás familias a pasar un tempiño con nós nas aulas, onde contamos contos de Nadal e ensaiamos panxoliñas…
Despois subimos todos xuntos ó patio a disfrutar da gran actuación das nosas artistas: María José e Vero, á pandereta, Luis á guitarra e Ana e Nuria á coreografía!
E para rematar… Merendola con doces de nadal feitos polos propios nen@s nos obradoiros de cociña e un pouco de bailoteo e diversión para facer a dixestión!
QUE TEÑADES UNHAS FELICES FESTAS E UN MELLOR 2019!