Ola familias!
E agora que xa estamos totalmente familiarizados con Sonia e Lorena, as nosas novas titoras, ímosvos mostrar o que fixemos con elas durante o mes pasado. Traballamos entre outras cousas a motricidade fina, xogando cos pinchos e ca plastilina, rodillos e outros utensilios.
Tamén pintamos pedras con pinceis e quedaron chulísimas
Despois de tanto traballo, necesitabamos facer un descansiño. Fumos a unha “Sesión RELAX” que nos fixeron na aula de bebés. Tumbados en colchonetas vimos e escoitamos unha proxección. Gustóunos moitísimo, estamos desexando repetir!!!
Por último, recordaros que xa empezamos coas instalacións:
-Instalación OUTONO
-Instalación CAIXAS SORPRESA
-Instalación FESTA
-Instalación PINZAS, PINTURAS E FOLIOS
-Instalación VASOS, CORDAS E FIGURAS XEOMÉTRICAS
Vémonos na festa de Nadal do venres! Estades tod@s convidad@s!