Ola a todos/as:
Por erros técnicos non poidemos subir antes as fotos, e tampouco subir todas as que fixéramos, disculpade.
Aínda así podedes ver algo do que traballamos neste mes: xogamos con aros no corredor, saímos ó xardín a coller cogumelos( tocámolos a ver que tacto tiñan..). Tamén fixemos unha sesión relax na aula de bebés, na que estivemos ás escuras con imaxes de outono que se proxectaban no teito. Algúns non lles gustou moito a primerita impresión. Esperamos facer máis para que se vaian afacendo.
Esperemos que non volvamos ter máis problemas coas fotos.
Ata pronto!