Arquivos mensuais: Decembro 2018
As cabazas na aula dos Loros..aula 5
Novembro na aula dos loros
FESTA DE NADAL 2018
Bos días de Nadal a tod@s!
Como xa sabedes, o pasado venres tivemos unha gran FESTA DE NADAL na nosa escola.
Primeiro invitamos ás familias a pasar un tempiño con nós nas aulas, onde contamos contos de Nadal e ensaiamos panxoliñas…
Despois subimos todos xuntos ó patio a disfrutar da gran actuación das nosas artistas: María José e Vero, á pandereta, Luis á guitarra e Ana e Nuria á coreografía!
E para rematar… Merendola con doces de nadal feitos polos propios nen@s nos obradoiros de cociña e un pouco de bailoteo e diversión para facer a dixestión!
QUE TEÑADES UNHAS FELICES FESTAS E UN MELLOR 2019!
sala das avestruces
¡Bos días familias¡
Xa temos listas as fotos do mes de Novembro que, como podedes ver, seguimos a traballar un montón.
Comezamos a traballar coas instalacións que son sempre toda unha sorpresa. Xogamos con elementos do Outono como follas, piñas … e tamén comezamos a producir as nosas primeiras obras artísticas: pintamos pedras con pintura de moitas cores, fixemos as nosas primeiras estampacións etc.
Entre outras moitas cousas, mostrámosvos pequenos momentos da xornada como a horta con Charo, manipulación de plastilina, etc.
Que as disfrutedes e ata pronto
Novembro na aula 4
Ola familias:
Tivemos uns pequeniños problemas coa cámara de fotos, por iso tardamos tanto en subir as fotos do mes de Novembro. Aínda así tedes unha pequena mostra do que fixemos.
Dscubrimos contos máis complexos, xa que nos estamos facendo maiores; experimentamos co pan rallado facendo trasvases e tamén decubrimos novos ritmos musicais.
Fixemos unha sesión de relaxación na aula dos bebés, na que se proxectaban n teitoimaxes de outono con música, foi todo un éxito!
Ata o mes que vén!
Biquiños
A AULA 7 EN NOVEMBRO
Ola familias!
E agora que xa estamos totalmente familiarizados con Sonia e Lorena, as nosas novas titoras, ímosvos mostrar o que fixemos con elas durante o mes pasado. Traballamos entre outras cousas a motricidade fina, xogando cos pinchos e ca plastilina, rodillos e outros utensilios.
Tamén pintamos pedras con pinceis e quedaron chulísimas
Despois de tanto traballo, necesitabamos facer un descansiño. Fumos a unha “Sesión RELAX” que nos fixeron na aula de bebés. Tumbados en colchonetas vimos e escoitamos unha proxección. Gustóunos moitísimo, estamos desexando repetir!!!
Por último, recordaros que xa empezamos coas instalacións:
-Instalación OUTONO
-Instalación CAIXAS SORPRESA
-Instalación FESTA
-Instalación PINZAS, PINTURAS E FOLIOS
-Instalación VASOS, CORDAS E FIGURAS XEOMÉTRICAS
Vémonos na festa de Nadal do venres! Estades tod@s convidad@s!
NOVEMBRO NA AULA DAS CEBRAS
Ola a todos/as:
Por erros técnicos non poidemos subir antes as fotos, e tampouco subir todas as que fixéramos, disculpade.
Aínda así podedes ver algo do que traballamos neste mes: xogamos con aros no corredor, saímos ó xardín a coller cogumelos( tocámolos a ver que tacto tiñan..). Tamén fixemos unha sesión relax na aula de bebés, na que estivemos ás escuras con imaxes de outono que se proxectaban no teito. Algúns non lles gustou moito a primerita impresión. Esperamos facer máis para que se vaian afacendo.
Esperemos que non volvamos ter máis problemas coas fotos.
Ata pronto!
ASISTENCIA NADAL
Benqueridas familias:
Case sen darnos conta xa está aquí o Nadal, unhas datas moi especiais para todos, pero máis para os/as vosos/as fillos/as, xa que é momento de estar coa familia, de agasallos e de sorpresas.
Como todos os anos por estas datas, facemos un sondeo da asistencia a escola dos/das alumnos/as no Nadal, coa fin de poder organizar as necesidades do centro e as merecidas vacacións do persoal.
Por iso precisamos que nos confirmedes a asistencia ou ausencia nas seguintes datas antes do mércores 19:
– MÉRCORES 26, XOVES 27 E VENRES 28 DE DECEMBRO
– MÉRCORES 2, XOVES 3, VENRES 4 E LUNS 7 DE XANEIRO
E lembrade que o 24 e o 31 de decembro, a escola estará pechada.