Bos días, familias!
Nós tardamos en publicar porque non sabemos por onde comezar!
Lembrades os primeiros días soleados de outubro? Pois aproveitámolos para almorzar as últimas racións de SANDÍA fresquiña e despois pintamos sandías en cartulina para decorar o comedor.
Ó marchar Lorenzo, cambiamos as froitas do almorzo por outras máis otoñais… E tamén máis complicadas, coma as GRANADAS!
Estudiamos os ELEMENTOS DO OUTONO: piñas, noces, landras…
Representamos a caída da FOLLA, con arte e colorido
E xogamos con elas, que é moi divertido!
Tamén xogamos a facer trasvases con PAN RAIADO
E despois de tanto xogar, tamén saímos a ventilar!
A que non sabedes que sorpresas atopamos nos xardíns?
E tamén recollemos CASTAÑAS para asalas na FESTA DO MAGOSTO!
Recollemos CASTAÑAS e logo pintámolas. E tamén pintamos os nosos CESTIÑOS para gardalas.
Repuxemos enerxías descansando nos nosos COXÍNS
Para logo vaciar CABAZAS e celebrar o SAMAÍN!
Moitas gracias familias, por participar en todo!
Ata a próxima!