Boas tardes, familias!
Temos que recoñecer que a aula 7 tivemos unha adaptación moi levadeira. A quen lles custou un pouquiño máis foron ós novos compis que comezaron este curso: Pablo, Antón, Martín e Leo. Pero aínda así, quitando a primeira semana, eles tamén o levaron moi ben.
Os primeiros días invitamos ás súas familias a pasar un tempiño con nós na aula…

E despois, non hai disgusto que non se cure cun entretido conto, un gran achuchón, un bo almorzo e as pompas de xabrón!





Xa comezamos a xogar por recantos: coa cociña, cos coches, coas pezas… e coa perruquería!


E ata coa plastilina!

Pero onde máis disfrutamos é nos xardíns ó aire libre!






Agora a escola xa se convertiu na nosa segunda casa.

Ata a próxima visita, amiguiñ@s!
Moitos biquiños!