click na imaxe para ampliar
Arquivos mensuais: Setembro 2018
PORTAS ABERTAS. CURSO 2018-2019
Bos días, familias!
Aquí estamos outra vez coas pilas cargadas para comezar este novo curso 2018-2019.
Onte tivemos o primeiro contacto no día de Portas Abertas onde disfrutamos dunha xornada chea de actividades: vimos o conto de “A Sorpresa de Nandi”, que será o fío conductor da temática deste curso, almorzamos froita e cantamos cancións de froitas, xogamos a insertar e a modelar coa plastilina…
O cestiño dos tesouros para os máis pequenos…
E tampouco podía faltar un momento de relaxación…
Tamén saúdamos ós peixes e ás tartarugas e botámoslles de comer, e disfrutamos dos xardíns… e moitas cousiñas máis!