AULA 7: @S TROULEIR@S EN MAIO

Boas tardes de luns!

Arrancamos a semana cunha pequena recopilación das cousiñas que traballamos en maio, a ver se non nos queda nada atrás!

Imos comezar cunhas fotiños de algo que xa botamos de menos con tanta choiva… As saidas ó xardín e os ALMORZOS Ó AIRE LIBRE que comezamos en maio, e que parece que xa remataron…

DSCN9363 DSCN9360

O pan con mel que fan as abellas, encántannos, pero un pouco menos nos gustou a FROITA DA PASIÓN que probamos o mes pasado. Ulir, ulía tan ben coma as flores, pero de sabor…

DSCN9454 DSCN9451 DSCN9452

E seguimos probando máis cousas, coma os FABÓNS e CHÍCHAROS  da nosa horta. Pero antes tivemos que traballar duro para debullalos!

DSCN9182 DSCN9185DSCN9219 DSCN9229 DSCN9230

Polas Letras Galegas decidimos plantar uns CARBALLIÑOS para poñerlles un nome en galego.

DSCN9278 DSCN9282 DSCN9323

E tamén traballamos o mundo dos BOMBEIROS, antes de recibir a súa visita. Contamos historias de bombeiros, vimos contos do parque de bombeiros, cantamos cancións de bombeiros e pintamos con rotus debuxos de…

DSCN9471 DSCN9475

E continuamos co tema dos bichiños… coidando  dunha familia enteira de CARACOIS! Que logo compartimos cos argalleiros da aula 6, porque eles tamén teñen que comezar a asumir responsabilidades.

DSCN9479 DSCN9480

DSCN9484

E non podiamos rematar co mundo dos bichiños sen facer unhas fermosas e coloridas BOLBORETAS… Primeiro pintamos  as súas ás moi delicadamente cos nosos dediños, e logo tamén pintamos as pinzas de madeira que facían de eiruga.

Outro día pegámoslle papeliños de cores, pero antes tivemos que facer pequenas boliñas pequeniñas… Complicadísimo!

DSCN9624 DSCN9626 DSCN9633 DSCN9640 DSCN9643fotos aula 6 143 fotos aula 6 146DSCN9698 DSCN9703 DSCN9706

E finalmente colocamos as bolboretas na entrada da escola, para decorala e para recordarnos o que foi a primavera…

Un biquiño e a difrutar da semana enteira!

Non deixedes que o mal tempo vos corte as ás!

DSCN9746 DSCN9743