Boas tardes, familias!
Antes de comezar coas publicacións das fotos de abril, queremos mostrarvos a pequeniña sorpresa coa que comezamos o pasado mes. Un teatro de títeres para representar o conto de “Ramón e Ramona”, uns avós moi simpáticos.
Bos días, familias!
A uns días do día da nai, queremos darvos as gracias pola vosa colaboración durante todo o curso, pero especialmente á nai de Lía, á nai de Aloia e á nai de Alicia, por compartir con nós o seu tempo libre durante a Semana Santa.
Contáronnos uns contiños…
Axudáronnos a buscar os ovos perdidos polo xardín…
E axudáronnos a pintalos!
Pero para probalos e catalos non nos fixo falta axuda! ;-D
E xa sabedes que podedes seguir participando cando queirades! Nais, pais e demais familia… Nós encantad@s!
Bicos!