O mes de Abril non quedou atrás doutros meses xa que estivo cheo de actividades que nos gustaron e coas que disfrutamos moito.
Seguimos a experimentar coa estación da primavera facendo unha instalación chea de cores alegres e moi fermosas!
Tamén estamos facendo as nosas propias mascotas de contos en cartón econ diferentes materiais e texturas.. quedaron moi bonitos tanto o polo Pepe como a porquiña Clea, ….
Aprendimos a xogar coa instalación da cor vermella onde comimos, observamos, experimentamos e xogamos sen parar… como nos gustou!!
Continuamos coa aprendizaxe d@s encargad@s e cada día foi un ou unha o/a que se ocupaba de pasar lista, de ver o tempo que facía, axudar a poñer os mandilóns e de cantar a canción “A lúa e o sol”, contar o conto e axudar a dálo tentempé ou almorzó. Notamos que xa somos moi independentes e comezamos a adquirir moitos hábitos e normas que nos encantan tales como comer so@s co garfo, axudar a poñer o mandilón, descansar nos coxíns,…
Tamén este mes conmemoramos os aniversarios: Parabéns a Martina, Romina e Fátima!.
Encantanos xogar con tantas cousiñas que temos de cor vermella e xa distinguimos a cor amarela da vermella… somos tan listos/as!!
Tamén fixemos o xogo heurístico e pintamos con ceras e rotuladores para conmemorar o día do libro e incluso subimos á biblioteca para leer varios contos que tanto e tanto nos gustan.
Movemosnos na psicomotricidade e sobre todo na ximnasia que comezamos a facer ao ritmo da música.
Estivemos a traballar os sentidos a través da froita do limón co que aprendimos a expremer, ulir, probar, e ata fixemos unha deliciosa tarta de limón que todos e todas probamos!!!! Gústounos moito aínda que é un pouco ácedo,, jijiji!!!!