AULA 7: @S TROULEIR@S EN ABRIL

Boas tardes, familias!

Aquí estamos unha vez máis para mostrarvos as cousas mil que fixemos en abril!

Coa chegada do bo tempo, disfrutamos moito do xardín e aproveitamos para RECOLLER FOLLAS E FLORES (e algunha que outra miñoquiña)  coas que logo pintamos e decoramos as preciosas flores que colgamos na entrada da nosa aula.

DSCN8877 DSCN8866 DSCN8867 DSCN8873DSCN8992 DSCN8991

DSCN9005 DSCN8997 DSCN8998 DSCN9002

DSCN9111 DSCN9011 DSCN9020

Tamén PINTAMOS PAOS DE MADEIRA para as nosas escobas e recolledores E BOTELLAS DE PLÁSTICO para facer xoguetes de insertar,  porque o material de psicomotricidade que temos na escola xa o dominamos!

DSCN8773 DSCN8770


DSCN8829

DSCN9131 DSCN9128

E seguimos coas flores… Pintando coas nosas mans FLORES NA CRISTALEIRA, e coloridos MURAIS DE PRIMAVERA! Con rotuladores, por vez primeira!

DSCN9038

mural mural 2

Pintamos máis FLORES CON CERAS MANLEY e logo pegámoslles GOMETS e difuminamos as súas cores con ACEITE DE BEBÉS… Quedaron ben olorosas!

DSCN9136 DSCN9138 DSCN9140 DSCN9142

Así que seguimos ULINDO, MANIPULANDO E EXPERIMENTANDO CON DIFERENTES FLORES: margaridas, violetas… e sobre todo camelias.

DSCN9117 DSCN9119 DSCN9121 DSCN9132 DSCN9134

E xa só nos faltaba probalas. Flores comestibles non conseguimos, pero conseguimos unhas froitiñas con folliñas chamadas “PHYSALIS”,  que ó lado da PAPAYA pareciannos pequenas floriñas. Moito nos gustaron! Máis que a papaya e iso que son un pouquiño ácidas.

DSCN9154 DSCN9151

Tamén COMPARTIMOS as nosas flores c@s muiñeir@s para que decorasen a escola con elas. Traballo en equipo!

DSCN8789
DSCN8795
DSCN8796

Tampouco nos olvidamos de REVISAR E REGAR OS BULBOS que plantamos en marzo e que xa se converteron en plantiñas.  Como van medrando! Unha ata floreceu!

bulbos (1) bulbos (2) bulbos (3) bulbos (4) bulbos (5) bulbos (6)

regamos regar 1

E continuamos coas instalacións, coa horta, cos recantos do hospital e da perruquería…

Puxémonos morados coa merendola de fresas con chocolate e cos obradoiros de pizzas…

Fixemos un obradoiro de instrumentos musicais coas familias…

Pero os nosos mellores momentos nunca somos capaces de os fotografiar para volos mostrar…

Ou case nunca! ;-D

DSCN8822

A seguir bailando e bicando!

Ata a próxima!