Que tal estades?
Nós un pouquiño desesperad@s xa, de tanta choiva… Cas ganiñas que tiñamos de sol e primavera!
Mirade con que ilusión nos estivemos preparando para recibila. Ata organizamos unha festa! E fixemos unhas cintas de flores para deslumbrar! Primeiro decorámolas estampando con corchos e logo con gomets.



Gustámonos tanto que ata lle ensinamos o noso look primaveral a Andi, o caracol que veu de visita e se quedou con nós un par de semaniñas.

Tamén estivemos preparando os neumático-macetas e o día da festa plantamos os bulbos que trouxemos das nosas casas.


Como non nos cabían todos os bulbos, os que sobraron plantámolos polo xardín, pero aínda deixamos algúns para plantalos dentro da escola. E para iso, tivemos que preparar unhas coloridas macetas. Collemos uns garrafóns de plástico, unhas caixas de madeira, un pouco de pintura… e máis á obra!

Plantamos nos neumático-macetas, plantamos no xardín, plantamos nas nosas macetas… E seguimos plantando con Charo na horta. E mentras uns plantabamos na horta, outros disfrutabamos na mesa de experimentación.


E tamén “estudiamos” o MANGO, porque sempre o comemos troceado e en cachiños confundiamolo co caqui. Vaia sorpresa nos levamos, porque resultou ser enormeeee… e cunha semente tamén enormeeee…

Agora estamos pensando en plantar tamén as sementes dos mangos, porque con este clima tropical seguro que se nos dan fenomenal!
Un biquiño pequeniño, e moito ánimo, que en abril… augas mil!