AULA 4: @S AMEIXEIR@S EN FEBREIRO

O mes de Febreiro estivo cheo de actividades coas que aprendimos moito pero sobre todo coas que disfrutamos sen parar!

Comezamos pola celebración de entroido onde nos disfrazamos, xogamos e bailamos!

Coloreamos unhas gafas de animaliños e uns antifaces que colgamos da nosa estrela decorativa.

Fixemos a instalación de zapatos en forma de caracol que tamén nos gustou moito xa que probamos ducias e ducias de zapatos e zapatillas diferentes.

 Tamén fixemos o xogo heuristico e actividades do Inverno, tales como: chegou a neve con papel rachado ou as bolsiñas do boneco de inverno que levaba papeis e boliñas simulando o mal tempo desta estación.

Movemosno na psicomotricidade e sobre todo na gimnasia que comezamos a facer ao ritmo da música.

Como non podía ser menos saímos ao patio exterior onde realizamos diversos xogos pero sobre todo o do paracaídas gustounos especialmente.

Tamén este mes conmemoramos os aniversarios: Parabéns a Rodrigo e Alén.

Como podedes ver somos moi traballadores e moi traballadoras!!!

 

 

                                                        Ata o vindeiro mes famili@s   

 

                                                                    Ita e Laura.

Revisar Nivel 2 FEBRERO 154 Revisar Nivel 2 FEBRERO 019 Revisar Nivel 2 FEBRERO 021 Revisar Nivel 2 FEBRERO 023 Revisar Nivel 2 FEBRERO 025 Revisar Nivel 2 FEBRERO 035 Revisar Nivel 2 FEBRERO 042 Revisar Nivel 2 FEBRERO 050 Revisar Nivel 2 FEBRERO 052 Revisar Nivel 2 FEBRERO 054 Revisar Nivel 2 FEBRERO 055 Revisar Nivel 2 FEBRERO 071 Revisar Nivel 2 FEBRERO 072 Revisar Nivel 2 FEBRERO 074 Revisar Nivel 2 FEBRERO 077 Revisar Nivel 2 FEBRERO 081 Revisar Nivel 2 FEBRERO 083 Revisar Nivel 2 FEBRERO 084 Revisar Nivel 2 FEBRERO 085 Revisar Nivel 2 FEBRERO 107 Revisar Nivel 2 FEBRERO 118 Revisar Nivel 2 FEBRERO 122 Revisar Nivel 2 FEBRERO 123 Revisar Nivel 2 FEBRERO 125 Revisar Nivel 2 FEBRERO 126 Revisar Nivel 2 FEBRERO 128 Revisar Nivel 2 FEBRERO 129 Revisar Nivel 2 FEBRERO 139 Revisar Nivel 2 FEBRERO 142 Revisar Nivel 2 FEBRERO 148 Revisar Nivel 2 FEBRERO 152