AULA 7: @S TROULEIR@S EN FEBREIRO

Bos días,  familias!

Xa sabemos que estades impacientes por vernos en acción no mes dos entroidos, así que non nos facemos máis de rogar. Comezamos!

E comezamos pintando uns coloridos antifaces en forma UNICORNIO, que foi o animaliño do mes! Pintámolos e abrillantinámolos!

mascara unicornio 2 Mascara unicornio 1

purpurina uni 3 purpurina uni 1 purpurina uni 2

E o 14 de febreiro, as súas gafas de corazóns apareceron con cristais vermellos! E probámolos para mirarnos con moito amor…

Unicornios bailongoPero ese día tan amoroso fixemos moitas cousas máis, como pintar corazóns na cara e despois estampar corazóns en corazóns de goma eva.

san valentin san valentin 2

Corazon Corazon (1) Corazon (2)

 

E como bos trouleir@s que somos, non podiamos olvidarnos de preparar unha boa serenata!

Serenata 1serenata 2Tamén estivemos ensaiando coa gaita, como o gaiteiro Ramón, para meternos ben no noso papelón.

gaita 1 gaita 2

E subimos a visitar ó Meco tódolos días, para ver que complemento traía, e para asegurarnos de que o cocido non o comía.

Meco meco2Meco 3 mecoo1

E como non podía ser doutra maneira, unha das instalacións foi de disfraces!

disfraces 1didisdis 2Tamén probamos as filloas que nos trouxo Lucía: deliciosas!

filloaaass

E seguimos cos unicornios…

ficha uni 2 ficha uni 3 ficha unicor

Continuamos cos bailongos e coa percusión…

globos2Coa psicomotricidade fina e grosa…

pintura pintura 2 aros

Co novo rincón da perruquería, coa mesa da experimentación, coa horta, cos xogos ó aire libre…

Pero se queredes ver máis, tedes que portarvos b…

Bicos!