PRA PRE PRI
A PRIMAVERA A PRIMAVERA
PRA PRE PRI
A PRIMAVERA XA ESTÁ AQUÍ!
PRA PRE PRI
MEDRAN AS FLORES MEDRAN AS FLORES
PRA PRE PRI
MEDRAN AS FLORES NO XARDÍN!
Para festexar a chegada da primavera o pasado mércores 21 fixemos unha festa no patio…
Primeiro subiron os máis pequerrechos, xa que logo querían durmir….
Os amigos do nivel III saímos buscar froita para o almorzo…e atopamos mazás agochadas por todo o xardín. Logo entramos no patio e compartimos o almorzo cos amgos do nivel II. E por suposto, bailamos un montón para chamar ó bo tempo, aínda que non funcionou moito!
Que guapisim@s estabamos todos para a ocasión. Moitas grazas ás familias pola colaboración, vaia chuladas de traxes e maquillaxe trouxeron os nenos!