O mes de Xaneiro foi moi intenso en canto a actividades se refire :instalacións con texturas, plastilina, xogo heuristico ( garavatas de cores, tapóns … )psicomotricidade e sobre todo disfrazandonos xa con vistas ao próximo Entroido: é fabuloso poñer gorros, panos, perrunas etc…e elaboramos uns particulares antifaces que nos quedaron moi “chulos”.
Tamén este mes conmemoramos os aniversarios; Parabéns a Sainza, Leire e David.
Para rematar levamos a cabo unha pomba da paz con papeis rachados; que manualidade plástica máis fermosa , pasamolo moi ben rasgando nos papeis e pegandoos na pomba.
Ata o vindeiro mes familias
Ita e Laura.