Bos días a tod@s!
Temos tantas cousas que contarvos que sempre nos quedan cousas atrás…
Pois ben, como xa sabedes, en novembro comezamos cunha nova metodoloxía de xogo educativo inspirada en Javier Abad: AS INSTALACIÓNS.
Aquí vos deixamos un pequeno recopilatorio das instalacións que fixemos ata agora.
Comezamos cunha instalación moi sinxela con pinzas de madeira, ceras e follas de cores.

Outra instalación foi con caixas de ovos, corchos, algodón, botes de metal e aros.
Tamén fixemos unha instalación con papeis de periódico, cartóns, culleres e limpapipas.
E ata nos atrevemos a facer unha instalación coas nosas bolsas da vida, coxíns, fotos e símbolos!
E coa chegada do Nadal.. unha colorida instalación navideña.

Un montón de bicos para tod@s e a seguir disfrutando do Nadal!
Esperamos que eses Reis veñan cargadiños de cousas boas ;-D