Boas familias!
Xa chegou o mes de Nadal no que traballamos a tope facendo moitas cousiñas que aquí vos mostramos. Entre elas, o xogo heurístico, manipulamos plastilina, fixemos a nosa árbore coa man, obradoiros de maracas e de cociña no que elaboramos unha receita moi típica do Nadal o Mazapán. Dar as grazas as familias que se animaron a vir pasar con nós estos momentos tan agradables.
Tamen fixemos unha instalación con caixas e pelotas na que disfrutamos un montón meténdonos nelas … pasámolo xenial! e para rematar a festa de Nadal cantando panxoliñas e cunha merendola na que degustamos os mazapáns que elaboramos no obradoiro de cociña, esperamos que disfrutarades tod@s .
Saúdos
Ita e Laura