Feliz ano familias! Aquí seguimos, novo ano pero aínda nos quedan cousiñas pendentes do 2017, AS FOTOS DE DECEMBRO!
Este mes fixemos tantas cousas….que non nos damos decidido qué mostrarvos, así que vai un pouquiño de todo: as actividades con algodón, a instalación con cousiñas de Nadal.
E por suposto…os obradoiros cas familias.
O obradoiro de manualidades: fixemos unha árbore de Nadal ben fermosa, con unha piña, pompóns, pintura e pinceis, plunas,…pasámolo xenial. E despois de rematar o traballo, tivemos unha actuación con guitarra e todo; encantounos! Mil gracias!
Outro día fixemos o obradoiro de cociña: galletas de manteiga deliciosas. Amasamos e démoslle forma ás nosas galletas para degustalas na festa, e tiveron moito éxito!
Comezamos o ano con moitas ganas e moitas cousiñas preparadas para facer na escola. Darvos as grazas pola implicación e animarvos a participar cando queirades con nós…xa se achega o entroido….jiji!