click na imaxe para ampliar
Arquivos mensuais: Xaneiro 2018
MENÚ FEBREIRO
MENÚ XANEIRO
MENÚ DECEMBRO
FESTA FIN DE ANO!
Nadal na Canteira
No Nadal fomos moi pouquiños amigos pero intentamos pasalo o mellor posible. Os amigos do nivel II e do nivel III fisemos unha actividade conxunta:
Unha actividade que nos ecantou : xogar coas luces. Escurecemos un aula de bebés e logo entramos ver os xogos de luces…mirando para o teito aparecían luces de cores…Pasámolo moi ben, e repetiremos para que todos os compis o poidan disfrutar.
Os obradoiros na aula dos argalleir@s
Boas familias!!!! Aquí vos deixamos un anaquiño de todo o que traballamos nos nosos obradoiros de Nadal….fixemos un árbol con fios de cores…..
E, o que mais nos gustou foi o obradoiro de cociña, que ven o pasamos, e que rico estaba todo…galletas, bombons, capcakes de chocolate……
Todo esto gracias a colaboración das mamis…moitisimas gracias…repetiremos a experiencia.
Un biquiño moi forte.
AULA 4 : @S AMEIXEIR@S EN DECEMBRO
Boas familias!
Xa chegou o mes de Nadal no que traballamos a tope facendo moitas cousiñas que aquí vos mostramos. Entre elas, o xogo heurístico, manipulamos plastilina, fixemos a nosa árbore coa man, obradoiros de maracas e de cociña no que elaboramos unha receita moi típica do Nadal o Mazapán. Dar as grazas as familias que se animaron a vir pasar con nós estos momentos tan agradables.
Tamen fixemos unha instalación con caixas e pelotas na que disfrutamos un montón meténdonos nelas … pasámolo xenial! e para rematar a festa de Nadal cantando panxoliñas e cunha merendola na que degustamos os mazapáns que elaboramos no obradoiro de cociña, esperamos que disfrutarades tod@s .
Saúdos
Ita e Laura
AULA 3 EN DECEMBRO
Ola familias,
Estrenamos novo año coas fotos do mes de Decembro nas que vos ensinamos diferentes momentos da xornada como demandáchedes na última xuntanza. Podedes ver momentos como o encontro, o almorzó, ou dormitorio …
Tamén traballamos moito preparando as tarxetas de Nadal e facendo obradoiros de cociña para degustar na festa. Gracias pola vosa colaboración e ata o mes que ven
Decembro na sala 5
Feliz ano familias! Aquí seguimos, novo ano pero aínda nos quedan cousiñas pendentes do 2017, AS FOTOS DE DECEMBRO!
Este mes fixemos tantas cousas….que non nos damos decidido qué mostrarvos, así que vai un pouquiño de todo: as actividades con algodón, a instalación con cousiñas de Nadal.
E por suposto…os obradoiros cas familias.
O obradoiro de manualidades: fixemos unha árbore de Nadal ben fermosa, con unha piña, pompóns, pintura e pinceis, plunas,…pasámolo xenial. E despois de rematar o traballo, tivemos unha actuación con guitarra e todo; encantounos! Mil gracias!
Outro día fixemos o obradoiro de cociña: galletas de manteiga deliciosas. Amasamos e démoslle forma ás nosas galletas para degustalas na festa, e tiveron moito éxito!
Comezamos o ano con moitas ganas e moitas cousiñas preparadas para facer na escola. Darvos as grazas pola implicación e animarvos a participar cando queirades con nós…xa se achega o entroido….jiji!