Bo día, familias!
Antes de que remate o ano, @s trouleir@s xa estamos aquí outra vez, para mostrarvos o moito que traballamos no mes de novembro.
Aproveitamos as cabazas de Martín e Unai que sobreviviron ó Samaín e abrímolas para ver como son por dentro. Tamén lles sacamos as pepitas para plantalas na nosa horta.

Seguimos almorzando froitas do outono: mandarinas e granadas, e despois pintámolas con ceras brandas, por primeira vez!

E probamos outra froita do outono nova: o caqui. Encantounos!

Seguimos coa temática outonal exprerimentando coa MESA DO OUTONO: Cabazas, follas, piñas, castañas, landras…

Con arcilla moldeamos caracois e puxémoslles castañas de cuncha. Logo pintámolos e acomodámolos nunhas folliñas que pintamos coas cores do outono.



E seguimos traballando con máis castañas: As castañas das emocións


Antes de probar as nosas botas, probamos moito calzado.






Tamén traballamos a psicomotricidade fina facendo figuras con pinchos.

E tamén deixamos a nosa pegada no Día da Violencia contra a Violencia de Xénero.


E oxalá ninguén nos quite esta enerxía e alegría que sentimos cada día!
FELICES FESTAS A TOD@S!