Bos días a tod@s!
Xa estamos aquí de novo para deixarvos unha pequena mostra do mes de outubro.
Seguimos experimentando nos novos recunchos móviles da nosa aula, coma o dos puzzles ou o do banco de carpinteiro.

Tamén traballamos o outono de diferentes maneiras.
Probando froita de temporada, coma as mandarinas e as granadas. Pero primeiro tivémolas que mondar!

Saimos a recoller outros froitos e elementos do outono, coma as setas-cogumelos… follas, piñas e arume para a mesa das estacións.

Tamén recollemos castañas que nos pedira a castañeira porque se quedara sen elas, e necesitábaas para asalas na festa do Magosto.


E ata recollemos mazorcas de millo! Logo debullámolas e levamos os grans de millo a aula 5, a casa do muíño, para que nolos moeran, porque esa fariña faranos falta máis adiante para facer os biscoitos dos aniversarios.


E dentro da escola… fixemos setas-cogumelos e logo debuxámolas con xices.

Tamén pintamos castañas xigantes con pedras e coas cores do outono.

E preparámonos para o Samaín pintando morcegos con rodillos de diferentes texturas.

Pero do Samaín non vos imos contar nada máis por agora… Así que ídevos preparando para o próximo capítulo porque será terrorífico!!!
